Que é

O Centro de Conservación e Estudo da Natureza CASA DAS INSUAS é un centro de recursos autoxestionado por e para entidades e persoas con inquedanza polo coñecemento e conservación do medio natural.

A Asociación Galega de Custodia do Territorio impulsou e xestiona a Casa das Insuas, na que tamén participan as asociacións naturalistas Numenius, Drosera e Saramaganta. Existen diversos xeitos de participar na Casa das Insuas para aquelas entidades e persoas interesadas en facelo, como descubrirás nesta web.

A Casa das Insuas está ubicada a carón do río Miño, no edificio do concello vello de Rábade, grazas ao acordo acadado entre a AGCT e dito concello.

O noso enderezo é:
C.E.N. Casa das Insuas
R/ José Pardo y Pardo Montenegro, nº 27
Rábade (Lugo)


Ver C.E.N. CASA DAS INSUAS en un mapa más grande


Premer sobre o horario para velo en tamaño grande.