8 jul 2013

Xornada de Voluntariado En Pé de Terra

O vindeiro sábado 13 de xullo a partires da 10:00 h. levaremos a cabo unha xornada de voluntariado no entorno das Insuas de Rábade.
Nesta ocasión a acción principal será a eliminación dunhas árbores exóticas no "prado da ponte", unha parcela con acordo de custodia preto da Casa das Insuas.
Esta xornada está financiada pola convocatoria "Payas, Voluntariado y Custodia del Territorio" da Fundación Biodiversidade.


A actividade é apta para calquera persoa adulta, polo que animámosvos a participar nesta xornada de voluntariado.
Para inscribirse enviar un correo electrónico ao enderezo custodiadoterritorio@gmail.com antes do venres 12 de xullo indicando o voso nome e o DNI.
Vémonos en Pé de Terra.