7 may 2013

Inauguración da exposición: Rede Española de Reservas da Biosfera



O Programa MaB, Man and Biosphere, da UNESCO naceu en 1971 co obxectivo de atopar un novo sistema de relacións entre sociedade e a natureza. Desde os seus inicios, o Programa MaB, pretendeu conservar especies e ecosistemas a través da convivencia respectuosa entre o ser humano e o seu medio, diferenciándose doutras figuras de protección. Esta visión, que na actualidade no soa estraña, foi innovadora fai 40 años, cando este programa propuxo unha visión inédita da relación entre a sociedade e natureza que dúas décadas despois se denominou desenvolvemento sostible.

 
As Reservas da Biosfera están presentes a nivel mundial en máis de 110 países. España presenta un total de 42 Reservas da Biosfera das cales catro están presentes no territorio galego. Son lugares onde se traballa polo mantemento da biodiversidade e da diversidade cultural e promovendo un desenvolvemento social e económico respectuoso co medio ambiente.

A Casa das Insuas, en apoio a esta figura de protección e co gallo de que o centro se sitúa na Reserva da Biosfera de Terras do Miño, teremos á disposición dos visitantes a exposición que o Centro Nacional de Educación Ambiental ten dispoñible para percorrer de maneira itinerante as diferentes zonas que presentan Reservas da Biosfera. Hoxe mesmo, realizouse a inauguración da exposición coa visita á Casa das Insuas de Francisco Fernández Montes, alcalde de Rábade, e Sonsoles López Izquierdo, deputada responsable da área de medio ambiente da Deputación de Lugo.

A exposición poderá visitarse os fins de semana ata o 5 de xuño en horario de 11:30 a 13:30.