Desde a Asociación Galega
de Custodia do Territorio continuamos coa nosa aposta para a promoción das
diferentes artes e oficios tradicionais que traballan de maneira respectuosa co
material que a natureza nos ofrece. A cestería, a xardinería e, neste caso, a
bioconstrución con barro son algún exemplos de actividades profesionais ligadas
á nosa natureza.
Nesta ocasión contamos
con Guido Tomasini, artesán e bioconstrutor, para achegarnos ó uso do barro
para o recebo de paredes. A xornada constará dunha breve parte teórica e moita
práctica para que os asistentes poidan coñecer as virtudes deste material.
Ofrecemos dúas sesións
(cada asistente debe seleccionar un día) o domingo 28 de xullo ou o sábado 3 de
agosto, de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00. O prezo da xornada formativa é de 20
€ (socios) e 30 € (non socios). Realizaremos esta actividade na Casa das
Insuas, en Rábade (enlace ó mapa).