O vindeiro venres
16 de maio as 21:00 h. inaguramos as Cabanas da Auga, estrutura de vimbio vivo
composta por tres domos unidos por dous túneles e esquematizando a molécula da
auga (H2O). Localízase na Casa das Insuas en Rábade e foi construída
polos participantes do Obradoiro de trenzado de vimbio vivo: Construción
dunha cabana de vimbio nun xardín infantil, organizado pola
Asociación Galega de Custodia do Territorio e coordinado por Idoia Cuesta e
Martiño Cabana e coa colaboración do Concello de Rábade.
A
inauguración farémola cun concerto de Aquófono: O Concerto do Soño
O Aquófono é un innovador
instrumento de percusión con líquido, unha escultura sonora portátil e un
sistema infusor de gotas musicais. Música, ciencia e natureza conxugadas nesta
máquina do tempo, creadora e recreadora dunha enorme gama de paisaxes sonoros
orgánicos…
O “Concerto
do Soño” presenta unha sucesión de paisaxes sonoros relaxantes baseados nos
cinco elementos: Metal, Auga, Madeira, Terra e Lume. Foi composto
especificamente para a súa presentación en espazos e institucións vinculadas
coa auga, a tranquilidade e o benestar.
O xogo aleatorio
da choiva musical controlada, recrea a riqueza polirrítmica da natureza sobre a
que se improvisa libremente para compoñer pezas sonoras únicas, efímeras e irrepetibles.
O Aquófono é un sistema único para desfrutar dunha viaxe particular a través de
lugares descoñecidos onde a choiva é arte, sexan catro gotas, chuvieira,
treboada ou orballo.
Non volo
podedes perder…!!!