22 may 2014

Música ó natural nas Insuas

A Casa das Insuas e a Asociación músico Crisanto que agrupa ás bandas de música de Rábade e Begonte presentan MÚSICA Ó NATURAL NAS INSUAS, un concepto que liga arte e natureza para achegar a música á bacía alta do Miño, un territorio humanizado que conserva paisaxes culturais de gran valor natural…

Música ó natural nas Insuas é un proxecto sen límites temporais e sen presas, que recollerá distintos estilos musicais nunha serie de concertos no C.E.N Casa das Insuas, ás beiras do pai Miño e no corazón da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Os concertos serán plantexados coma un proceso de cercanía, unha experiencia para vivir a música ó  natural, no acolledor entorno que conforma o proxecto de Casa das Insuas.

Unha forma diferente de achegarse á música e á cultura que pretendemos sirva de conexión coa natureza, á vez que permita visibilizar entre outros os seguintes obxectivos:

- Valorar a música como traballo.
- Coñecer culturas de outros lugares a través da música.
- Potenciar o troco, a artesanía e o valor engadido de certos produtos
- Crear e mover cultura no rural

En definitiva, unha maneira natural de escoitar música, nun espazo distinto…

Nesta primeira sesión de Música ó Natural estará connosco o grupo FETEN FETEN que nos presentará o seu proxecto La Gira del Wasabi. Será o día 29 de maio ás 20:30 horas na Casa das Insuas. Imprescindible reservar praza no enderezo: concertosaonatural@gmail.es.

Colaboración: 6 euros.

Para os nenos que asistan ó concerto, FETEN FETEN fará un pequeno didáctico sobre instrumentos insólitos ás 19:30 h.