13 feb 2014

Cestería na Casa das Insuas


Os vindeiros meses, dende o C.E.N Casa das Insuas desenvolveremos varias actividades relacionadas có vimbio e impartidas pola cesteira Idoia Cuesta.


DOMINGO 23 FEBREIRO, ás 10:30
Obradoiro de poda e tallado de vimbio
Podamos os vimbios do noso salicetum e preparamos o material para o seu almacenamento.

Actividade gratuíta. Información no Tlfno: 626.42.07.66 ou en custodiadoterritorio@gmail.com
Precísanse tesoiras de poda, roupa axeitada, botas de auga.

TARDES DOS MÉRCORES DE MARZO, DE 17:30 A 19:30
Cestería de reciclaxe
Cesteamos con materiais de reciclaxe. Para tódolos públicos.
Adulto: 25 €/mes socios AGCT; 28 €/mes non socios
Adulto + 1 neno: 35 €/mes socios AGCT; 39 €/mes non socios
Adulto + 2 nenos:40 €/mes socios AGCT; 45€/mes non socios
Información no Tlfno: 626.42.07.66 ou en custodiadoterritorio@gmail.com

SÁBADO 15 MARZO
Construción dunha cabana de vimbio nun xardín infantil
Obradoiro de trenzado de vimbio vivo.
15 € socios AGCT; 18 € non socios  
Información no Tlfno: 626.42.07.66 ou en custodiadoterritorio@gmail.com

Esperamos que sexan do voso interese.