21 ene 2014

Inventarios Colectivos de Flora e Fauna en Galicia



Desde a Asociación Galega de Custodia do Territorio estamos a organizar, xunto coa axuda e colaboración doutras entidades naturalistas e grupos de investigación, a xornada de Inventarios Colectivos de Flora e Fauna en Galicia que se celebrará o día 25 de xaneiro (sábado) no C.E.N Casa das Insuas, Rábade (Lugo). Consideramos que este tipo de actividades son de gran importancia para a mellora do coñecemento da distribución e conservación da flora e fauna galega.
O programa é:
10:00-10:45    Atlas de hérpetos e libélulas de Galicia. Seguimento de hérpetos de Galicia. Martiño Cabana (UdC)
10:45-11:30    Atlas e seguimentos de mamíferos terrestres non voadores. Xosé Pardavila (GEAS-SECEM)
11:30-12:00    Atlas e seguimentos de morcegos en hibernáculos e refuxios. Roberto Hermida (Drosera)

12:00-12:30    Café

12:30-13:00    SACRE e Noctua. Inventarios específicos de aves. Óscar Rivas (SGO)
13:00-13:30    AvesGalicia2014 e atlas de aves de Galicia. Cosme Damián Romay (SGO)
13:30-14:00    Proxecto Ríos e Charcas con Vida. Ramsés Pérez (ADEGA)

14:00-16:00    Xantar

16:00-16:30    A plataforma colaborativa Biodiversidade.eu como nexo de unión e colaboración dos naturalistas galegos.
16:30-18:00    Grupo de traballo de Biodiversidade.eu. Propostas de traballo conxunto e coordinado. Biodiversidade.eu como complemento ós Atlas de distribución, Redes de seguimento e Inventarios específicos. Participación e colaboración en Biodiversidade.eu.
Para coñecer o aforo e os participantes agradeceremos que vos inscribades en www.deputacionlugo.org  (http://goo.gl/KaECU6). Máis formación en: custodiadoterritorio@gmail.com ou no tfn: 630948293 (Martiño).