18 oct 2013

Curso de horta profesional ecolóxica

 
 
Curso de 48 horas destinado a produtores de horta ecolóxica que empezan ou que han de empezar pronto a actividade.
 
De novembro 2013 a xaneiro 2014, en 8 días repartidos a razón de un día por semana, de 6 horas, en horario de mañá e tarde.
 
Trataremos a temática habitual da produción ecolóxica, con un enfoque centrado na realidade da produción comercial, máis alá dos cursos habituais de horta familiar ecolóxica. 
 
Temario:
Modelos de agricultura ecolóxica (2 horas): modelos de produción; de comercialización; internet
Lexislación (2 horas): normas de produción; etiquetado; tramitacións
Comercialización (2 horas): envases, etiquetaxe
Sementes e plantas (6 horas): mercado; produción e conservación de sementes; estudo por cultivo; produción de plantas; substratos
Abonado (8 horas): mercado; abono verde; materia orgánica; análises de solo e interpretación; perfil de solo; fertilidade; compostaxe
Malezas (4 horas): teoría; control mecánico; outras técnicas
Infraestrutura ecolóxica (6 horas): teoría; biodiversidade; control de pragas e enfermidades; sebes e illas ecolóxicas; estanques; niños e refuxios; fauna útil
Estudo por cultivo (11 horas): sementar, plantar; operacións de cultivo; control de pragas e enfermidades; calidade, recolección; conservación
Asociacións e rotacións (1 hora): teoría e práctica
Traballo (2 horas): maquinaria para traballo en horta ecolóxica
Economía (4 horas): plan de empresa; xestión técnico-económica
 
Custo e inscrición:
 
A asistencia require de inscrición previa, e as prazas son limitadas. A inscrición á totalidade do curso é de 250€. E posíbel tamén asistir á cada xornada por separado, con un custo de 35€ cada unha.
 
Para máis información sobre o curso e para inscrición, pódese contactar ao 982.803.633 ou mediante correo electrónico: info@xangalicia.com