23 sept 2013

Curso de iniciación á ilustración da natureza

O obxectivo deste curso é iniciarse no mundo da ilustración natural, que serve como ferramenta de traballo para naturalistas, estudosos e interesados na natureza. Tratarase de aprender as principais técnicas, os materiais máis utilizados e nocións sinxelas para poder sacarlle o maior partido as nosas saídas de campo con papel e lapis. Ademais, sempre que nos sexa posible, os días que dure o taller remataremos a teoría con prácticas de campo ó aire libre, que é a mellor forma de aprender.


As clases serán polas mañás, dado a época do ano. Así aproveitaremos mellor a luz natural. O horario será de 10 a 14h, os sábados e domingos segundos de cada mes, a partir de outubro. O curso durará 5 meses. O custe e de 20€/mes ou 15€/ se es socio.

Practicaremos a nosa capacidade de observación, xunto coa nosa memoria visual, volume… conceptos moi necesarios para debuxar animais. Tamén faremos un repaso ós principias materiais, técnicas… cor. Cada fin de semana trataremos un grupo de animais, así intentaremos ver o máis representativo de cada un. Pero todo o anterior irase ampliando e aplicando con exercicios prácticos. Tamén dedicaremos un fin de semana á flora.

O obxectivo deste taller prolongado é que os propios alumnos practiquen pola súa conta durante o mes seguinte, poñendo en práctica o aprendido. Pode ser moi interesante xuntar todas as obras e comentalas no seguinte taller. Aprenderemos moito todos de todos.

PROGRAMA

1º TALLER:

Sábado 12 de outubro, de 10 a 14h
  • A ilustración da natureza ó longo da historia. A ilustración científica.
  • Principais materiais usados na ilustración.
  • O caderno de bosquexos. Practicar, experimentar, tomar apuntes.

Domingo 13 de outubro de 2013, de 10 a 14h.
  • O que hai que saber para debuxar seres vivos e natureza.
  • Conceptos no debuxo dos animais: Encadre, estruturas en formas básicas, proporcións, volume, contraste, luz e sombras. A teoría do color.
  • Principáis técnicas e medios máis usados na ilustración. Acuarela, gouache, plumilla, ceras, lápices…
Exercicios prácticos no interior. Posta en común. Dúbidas e preguntas

2º TALLER:

Sábado 9 de novembro, de 10 a 14h.
  • O debuxo dos animais. A anatomía ósea e muscular. Anatomía comparada. A estrutura básica a partir das formas básicas. Animais en movemento.
  • Luz e sombras para determinar o volume. Perfil e modelado do debuxo.
  • Estudio do cabalo. Estrutura básica. Distintas posicións.
Posta en común, preguntas e prácticas no interior/exterior. Coller fotos de animais, estudar as súas formas, simplificar formas de mamíferos…
Claves, técnicas, consellos, trucos…

Domingo 10 de novembro, de 10 a 14h.
  • Os mamíferos. Estudio da súa anatomía. Anatomía comparada dos mamíferos. Anatomía comparada co home. Anatomía e movemento.
  • O cranio. Detalle da cabeza. Os ollos.
  • As patas. Extremidades en movemento.
Práctica de debuxo con cranios de mamíferos. Debuxo dun mamífero real. (Ex.: un cabalo, un can, unha vaca…) Aplicación de cor e algunha técnica.

3º TALLER:

Sábado 14 de decembro, de 10 a 14h.
  • As aves. Estrutura ósea e muscular. As plumas.
  • A cabeza. Picos.Ollos. Volume.
  • As patas e ás.
  • Posicións e movemento.
Debuxo de algún cranio de ave. Toma de apuntes de aves ó natural, salvaxe ou doméstica (ex.: unha galiña)

Domingo 15 de decembro, de 10 a 14h.
  • Elección dun ave por parte do alumno e debuxo da mesma a partir do cranio, documentación fotográfica e guías de campo.
  • Aplicación da cor usando as técnicas aprendidas anteriormente.

4º TALLER:

Sábado 11 de xaneiro, de 10 a 14h.
  • Os insectos. Descrición e partes dun insecto.
  • As bolboretas. Escarabellos. Estrutura e forma.
Practicas debuxando algún exemplar de escarabello, bolboreta, libélula…
Recordaranse as técnicas anteriores. Traballarase sobre o detalle, os brillos e a cor. Practicarase a ilustración a tinta.

Domingo 12 de xaneiro, de 10 a 14h.
  • Os peixes. Anatomía dun peixe. Brillos, transparencias e cores.
  • Os réptiles e anfibios. Anatomía. Características para o seu debuxo.
Practicarase algunha das técnicas do apunte, ceras ou acuarela. Deixarase a persoa que elixa a súa técnica e vaia orientando a súa maneira de debuxar e as súas preferencias. Tamén se volverá a traballar coa tinta. Momento de experimentar.

5º TALLER:

Sábado 8 de febreiro, de 10 a 14h.
  • O debuxo da flora a través da historia. Importancia na botánica descritiva.
  • A ilustración da flora. Apuntes, características máis frecuentes.
  • As flores. Simetría, encadre. Volume.
  • As árbores. As coníferas, as caducas. Os brillos. As piñas, froitos…
  • Os fungos e os liques. As algas. Detallismo e realismo. Texturas.
Practicarase o debuxo de algunha especie vexetal en vivo, se o tempo o permite. Senón, poderemos debuxar algunha flor cultivada ó natural ou algunha planta de interior. Interesante o debuxo das piñas, para practicar proporcións.

Domingo 9 de febreiro, de 10 a 14h.
  • A paisaxe como temática naturalista e documental.
  • Técnicas de debuxo de paisaxes
  • Os fondos nas ilustracións.
  • Paisaxes invernais, outonais e primaverais. O xogo das cores.
  • Paisaxes costeiros, rochedos, acantilados e mariños.
  • A auga. Os brillos, as luces, os reflexos.
Practicarase algunha técnica aprendida de acuarela e intentarase facer una paisaxe. Pode ser inspirada, copiada ou da imaxinación. O importante é soltarse e experimentar.

… … e debuxar, debuxar e debuxar

Mais información no 646 851530 ou www.casadasinsuas.org