18 sept 2013

Curso de horta familiar ecolóxica


Ao compás do crecemento da demanda deste tipo de formación dende a Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT), seguindo as liñas de traballo sobre sostibilidade ambiental e territorial que nos caracterizan, ofertaremos durante todo o ano cursos de horta familiar ecolóxica na Casa das Insuas.

A este efecto, contaremos coa colaboración de Xestión Agrogandeira e Natureza, empresa luguesa con unha longa tradición en formación e asesoramento en produción ecolóxica. Será unha formación moi práctica, que poida ter aplicación directa para os asistentes aos cursos. Abordaranse os temas importantes da produción de horta ecolóxica: como traballar a terra, como abonar, como plantar, como levar e coidar cada cultivo, controlar as pragas e enfermidades, etc... 

A formación ofertarase en 11 sesións a desenvolver ao longo do ano, a razón dunha charla-debate práctica de 2 horas de duración, que terá lugar o terceiro sábado de cada mes, das 16:30 ás 18:30 na mesma Casa das Insuas en Rábade. O curso iniciárase o día 19 de outubro. 

Para asistir, é preciso inscribirse antes do día 1 de outubro. O custo é de 120€ para o curso completo, reducidos a 100€ para membros da Asociación. O pago pódese fraccionar en 10 mensualidades (10 euros/mes para socios e 12/euros mes para non socios). 

Para máis información sobre o curso e para inscrición, pódese contactar ao 982.803.633 ou mediante correo electrónico: info@xangalicia.com

Programa

19/10/13     Cultivos de inverno
16/11/13     Compostaxe
14/12/13     Pragas e enfermidades
18/01/14     Sementeiras verán
15/02/14     Plantación verán
15/03/14     Facer extractos naturais
26/04/14     Coidados de cada cultivo
24/05/14     Pragas e enfermidades
14/06/13     Coidados de cada cultivo
19/07/13     Seguemento
09/08/13     Abonado e preparación cultivos inverno