10 oct 2011

Proxecion do documental "Os campos de Deméter"

O venres 14 de Outubro ás 20:30 proxectaremos o documental “Os campos de Deméter. As estacións na paisaxe da cultura europea” no auditorio da Casa das Insuas (Rábade)

O documental Campos de Deméter enmárcase no proxecto ECL (Our Common European Cultural Landscape Heritage) baixo o programa Culture 2000 da Unión Europea. O proxecto ECL pretende dar a coñecer a importancia das paisaxes culturais europeas, resultado da actividade agraria durante os últimos milenios. É un percorrido a través da historia, diversidade e relación do ser humano cas paisaxes europeas, dende as praderías húmidas de Västmanland (Suecia) ata as montañas de Sintra (Portugal) pasando polos socalcos da Ribeira Sacra en Galicia.
O documental pon de manifesto a urxencia de protexer o noso patrimonio de paisaxes culturais, mediante a adopción de medidas que promovan a agricultura tradicional e o uso sostible do territorio.
Na realización participaron investigadores do Laboratorio de Botánica e do Laboratorio do Territorio da Universidade de Santiago de Compostela.
Despois da proxeción terá lugar un breve coloquio acerca das posibilidades da Custodia do Territorio na proteción das paisaxes culturais.