7 oct. 2011

Noite Europea dos Morcegos 2011

O pasado sabado 27 de agosto celebramos na Casa das Insuas a Noite Europea dos Morcegos. É o terceiro ano que Drosera celebra este acto en Galicia, esta vez co aliciente de atoparnos no Ano Internacional dos Morcegos, o que fixo que esta noite se celebrara simultáneamente en moitas localidades de España e en dúas en Galicia.
Arredor de 50 persoas se achegaron pola casa das Insuas para participar na construción de refuxios para os morcegos, asistir as proxeccións e escoitar ( e observar) aos morcegos cazando sobre o Miño.

Noite Europea dos Morcegos 2011