8 mar 2013

Resultados da xornada de plantación e estruturas de vimbios

Este fin de semana realizamos o taller de Construción de estruturas de vimbios para xardínse tamén creamos o Salicetum da Casa das Insuas que nos permitirá ter material para a realización de cursos de cestería, dentro do obxectivo de promover as actividades tradicionais (e empresarias actuais) respetuosas co medio ambiente.
Agradecer enormemente a colaboración de Idoia Cuesta, mestra cesteira, que colabora e nos asesora nestas argalladas. A familia Andrade cedeunos amablemente a finca na cal se realizou o Salicetum e, en breve, realizaremos máis actividades. Debemos tamén agradecer ó Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo o fornecemento do material necesario para realizar as dúas actividades e ó Concello de Rábade, por permitirnos traballar no xardín municipal anexo á Casa das Insuas. Van algunhas fotos:

 Escallos (esquejes) usados para a plantación. Seis variedades obtidas do Centro de Artesanía da Deputación de Lugo. 1.500 plantas.

Facendo unha árbore trenzada. 

Árbore trenzada rematada. 

Linde de salgueiro vivo, moi útil como refuxio de fauna e mesmo de corredor (se tivera máis extensión). 

Rematando a linde.