A continuación enviamos as actividades para este mes de
abril e comezos de maio no C.E.N "Casa das Insuas".
- 14 e 15 de abril: Curso de identificación de morcegos. Roberto Hermida (Drosera-AGCT).
- 21 de abril: Identificación teórico-práctica de hérpetos. Martiño Cabana Otero (UdC-AGCT).
- 28 de abril: Asemblea SGO e Eco-maratón ornitolóxico.
- 5-6 de maio: II Congreso Lucus de Asociacións Micolóxicas (Sociedade Micolóxica Lucus).
- 12 de maio: Asemblea Xeral AGCT. Xornada de traballo cos socios.
Esperamos que sexan do voso interese.