Os alumnos visitaron o centro da Casa das Insuas para ver o documental Las montañas del Lobo e realizaron un exercicio plástico para analizar as pegadas dalgúns dos animais que se puideron observar durante a proxección do documental.
Logo desta actividade, os alumnos construíron un bo número de caixas niño para morcegos e para paseriformes de pequeno tamaño.
Rematando esta actividade, realizouse unha visita ó entorno do río Miño próximo ó noso centro, durante a cal os alumnos puideron realizar fotografías do medio natural para ser utilizados nos seus traballos académicos.
Esta actividade foi plantexada para fomentar nos alumnos un interés polo mundo natural, para que logo podan explorar, coñecer e disfrutar da natureza realizando as súas gravacións de pequenos documentais.