10 ago. 2011

NOITE DOS MORCEGOS 2011

Un ano máis achégase a data da Noite Europea dos Morcegos que por cuarta vez celebraremos en Galicia, co aliciente esta vez de atoparnos de cheo no Ano dos Morcegos.

Será o sábado 27 de agosto. Agardamos vervos por alí a todos os que estades interesados no coñecemento e conservación dos morcegos.

O programa deste ano é...

17:00 - Apertura da exposición e comezo dos obradoiros (faremos distintos tipos de refuxios para morcegos, origamis e máis!)
18:30 - Proxección dun audiovisual sobre os morcegos
19:30 - Charla sobre os morcegos en Galicia (novos avances no coñecemento e conservación, uso de refuxios e máis!)
21:15 - Roteiro á beira do Miño para observar e escoitar aos morcegos coa axuda de detectores de ultrasóns
22:30 - Peche da actividade

Ata o 27!


Organiza
 









Coa colaboracion de